martes, 28 de julio de 2015

Vilar, 42. Santiago

Pechado nun libro IV


Dise que cando Castelao coñeceu a súa pintura comentou “Agora eu xa me podo adicar a outra cousa”. Carlos Maside (Pontecesures, 1897- Santiago, 1958) converteuse dende ben cedo nun dos renovadores da nosa pintura. Alguén que, xunto aos Torres, Colmeiro, Laxeiro ou Souto, compuxo un quinteto que trazou un novo percorrido para unha pintura en exceso adocenada e acomodada, e que tiveron boa parte do seu futuro escrito dende a concesión daquelas venturosas becas da Deputación de Pontevedra. Nunha desas convocatorias Carlos Maside presentou o espléndido autorretrato que colga das paredes do Museo de Pontevedra e co que gañou unha desas becas, aínda que non a que el pensaba, de maior cuantía, pero aínda así o pintor amosábase satisfeito de que as súas “tímidas cousas desconcertaran aos bos pontevedreses”, admite o influxo de Castelao nesa decisión, así como a preferencia do xurado polos “paisajitos de Pintitos”.
Todos estes datos, tan sinceiros como xurdidos da liberdade á hora de escribir unha carta privada, recóllense nunha misiva escrita por Carlos Maside e dirixida a Xesús Bal y Gay con data 29 de outubro de 1928, e que se inclúe, xunto a un bo número destes documentos, no abeizoado libro que a Editorial Alvarellos co apoio do Consorcio de Santiago ven de publicar co título ‘Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside’ dentro da colección Rescate, todo un fito no noso sistema cultural polo que ten de recuperar e poñer en valor textos prácticamente descoñecidos e moitos deles perdidos para o noso acervo patrimonial. Da importancia desta colección e deste traballo que, de xeito firme e valente encabeza o seu director, Henrique Alvarellos, da boa conta este monllo de cartas reunidas de xeito admirable por María Esther Rodríguez e ao coidado de Anxo Tarrío, que saíron dende Compostela ou dende Vigo para achegar o sentir e a alma dun pintor á de diferentes personaxes protagonistas da nosa vida cultural nas décadas centrais do século pasado. Palabras que voaban, as máis delas, dende o seu estudo na rúa do Vilar número 42, entre as pedras feitas historia de Santiago e levando os sons da Berenguela á que se asomaba dende o balcón dese estudo.
Ler cada unha desas cartas é un gozoso feito, non só polo ben escritas que estaban, senón pola paisaxe que é quen de transmitir Carlos Maside sobre o que acontecía naquel tempo, as preocupacións que emerxen delas, os medos e inseguridades sobre a súa pintura, a consciencia do valor que esa xeración tiña dentro da nosa arte e a importancia que para todo un texido cultural fragmentado, ou mellor dito, esnaquizado pola Guerra Civil e os seus anos posteriores, tiveron estes aliviadeiros persoais para seguir tecendo os fíos da nosa cultura. Encolle o corazón achegarse a unha das partes fundamentais do libro, como son as cartas entrelazadas entre Carlos Maside e Luis Seoane, dous trasantlánticos da nosa pintura, dúas percepcións de Galicia feita pincelada que tiveron nesta correspondencia un canal de expresión e de case descompresión mental que a nós hoxe sérvenos para entender as súas inquedanzas e cómo se relacionaban coa súa contorna. Aquela Galicia partida en dous, os de aquí e os de fóra, os do exilio interior de cabeza baixa e alma contrita, e os que partiron, como no caso de Luis Seoane, ata Arxentina, para facer de Bos Aires a nosa quinta provincia, un eido indisociable da nosa terra pola presenza e sentir de milleiros de galegos. 
Percorrer esas cartas é asomarse ás amizades e os deprezos, ás doenzas e ás pérdidas, aos ensaios e ás venturas, ás necesidades económicas e ás distancias. Unha radiografía dende a escrita que, de xeito regular, e moitas veces con problemas que hoxe a nós nos sorprenderían sobre o funcionamento do servizo de Correos, ensarillaba a Carlos Maside con Castelao, ao que xunto con Bóveda, daba o seu apoio ante o desterro, pero tamén con Fernández-Mazas ao que tanto admiraba, con Colmeiro ao que animaba a seguir polo seu camiño, ao seu querido Isaac Díaz Pardo, con Francisco Fernández del Riego, pero sobre todo, con Luis Seoane. Paréceme a mín que hai poucas correspondencias tan intensas e descarnadas como as que ambos mantiveron cun océano polo medio, un océano de insatisfaccións por esa distancia obrigada, polo que se facía aquí e alá, por cómo a súa pintura era recibida e entendida ou cómo se producían as necesarias vendas das súas pezas. Estremece como nalgunha delas derrúbanse nesa confianza ante o mundo que se lles viña encima, e como a sociedade era incapaz de valorar ese novo devir da pintura obrigado para artellar un xeito de expresión propio de Galicia, sen desbotar as conquistas que se fixeron dende as vangardas artísticas. Momentos baixos que serven para comprender o difícil daquela situación, e cando se precisa algo que rache ese desacougo, ese algo é un alguén, e non podía ser outro que o bo de Laxeiro, co seu donaire, a súa lingua libre e afiada dando conta do que acontecía naquel Bos Aires onde non todo era trigo limpo e tamén do que sucedía na pintura, e así é como nos atopamos cunha chegada co deslumbrou, a dunha moza de Xeve que pintaba de xeito sorprendente, Mercedes Ruibal.
Todo este itinerario vital permite analizar a un home moito máis aló do que poidamos facer os sesudos críticos de arte, incluso alén da súa propia pintura. Hai palabras que non se poden pintar, sentimentos que non se poden debuxar e realidades imposibles de conterse nun lenzo. As súas feiras, paisaxes, e mulleres son unha parte dun todo, dun todo que dende este libro temos moito máis claro porque como el mesmo escribe nunha desas cartas: “As únicas cartas que se perden son as que non se escribiron”.





Publicado no Diario de Pontevedra 27/07/2015
Fotografía: Herdeiros de Carlos Maside. Editorial Alvarellos.

lunes, 27 de julio de 2015

O futuro que se debuxa no presente




Miramos cara o futuro cos ollos postos no presente. Xente dos eidos da creación que plantexan o que virá a partir do que todos eles están facendo hoxe en día, alicerzando unha traxectoria que non deixa de abraiar por algo que se botaba moi en falla na nosa cultura. A falta de complexos, a liberdade absoluta a partir do eu e a súa relación coa contorna, a total ausencia de fíos con tempos, xeracións e nomes pasados que, malia que sempre deben estar presentes, non implican unha pleitesía ou sometemento que condicione o seu quefacer, respectando a súa individualidade.
Escritores, artistas visuais, ilustradores, debuxantes de banda deseñada, deseñadores de moda, directores de cine… ámbitos de traballo que ven como agroman neles toda unha xeración de nomes que dende ben cedo nas súas vidas veñen dando mostras significativas do ben co fan, e do que poden chegar a ser. Todos eles son parte deste tempo tan fragmentario, singular, azaroso e tantas veces inhóspito co ser humano no que nos toca vivir, todos eles chantan os seus pés nesta terra tan necesitada de voces, nomes e xestos que poñan ombreiro con ombreiro con outros territorios. Calquera deles non teme a iso, saben da súa formación, das súas lecturas, do seu interese por coñecer aquilo que acontece noutras latitudes, por ler, viaxar, ter amizades, estudar en xeografías alleas ás súas para beber delas e, con todo iso, artellar unha particular visión do seu universo.
Toda esta materia prima ten que ser convintemente transformada para que chegue ao público, para que o proceso creativo desemboque naquilo que lle da senso. Os lectores, as editoriais, os visitantes ás exposicións, os comisarios, os mestres, as convocatorias de premios ou as diferentes institucións forman parte desa complicidade e estanse aproveitando deste bo momento traballando nese proceso simbiótico que permite ao creador espallarse cara o exterior e a todas elas facer uso dos seus recursos en función dos seus diferentes fins. Desta relación a gran beneficiaria é a sociedade, nela debe revertir todo este proceso, para gozar co maxín de todos os nosos creadores, capaces de xerar sinerxias dende o eido da cultura que chega a espallarse (sempre que se faga un emprego intelixente e razoado) por ámbitos como o do turismo, o da economía e a significación do que poderíamos chamar unha marca Galicia ou, por fuxir do sobado adagio español, un novo feito galego.
Podémolo visibilizar de xeito ben recente coa entrega dos Premios Xerais de Literatura que nos seus tres galardóns concederon tres premios a tres nomes prácticamente descoñecidos, xente que no caso do gañador do Premio Xerais de Novela presentaba a súa primeira novela, Héctor Carajaville, e que nos casos dos Premios Jules Verne e Merlín, recaeron en dúas mulleres que naceron nos anos oitenta, Andrea Maceiras e Érica Esmorís. Nomes a sumar aos doutros homes e mulleres que veñen escribindo en liñas cheas de virtudes e que amosan as súas capacidades obra tras obra. Aí van uns cantos: Ledicia Costas, que ven de publicar ‘Un animal chamado néboa’ ou Berta Dávila; nunha narrativa que se completa con dous nomes que recén publicaron dous libros que non deixan de abraiarnos e de achegar lectores ao noso sistema literario: Fran P. Lorenzo e Alberto Ramos que, con ‘Cabalos e lobos’ e ‘As máscaras rotas para Sebastian Nell’, premiadas co Blanco Amor e Manuel García Barros, respectivamente, amosan a capacidade de escritores novos para achegarse ao público e obrar ese milagre materializado na venda de libros que tan ben coñecen outros nomes nados a medidados dos setenta como Pedro Feijoo ou Diego Ameixeiras. Tamén poetas coma Eli Ríos, Lucía Novas, María do Cebreiro, Isaac Xubín ou Gonzalo Hermo, este último ven de gañar o Premio da Crítica pola súa obra, ‘Celebración’, e se imos a ver a súa data de nacemento aterramos no ano 1987 (abraiante!), deixan constancia da súa progresión dende o verso.
No terreo da plástica é abondosa a listaxe deses artistas que debuxan no aire o que a súa mente lles obriga a materializar nunha pintura, nun debuxo, nunha instalación, nunha escultura ou nunha fotografía. Deixarémolo en catro nomes, xente que aos trinta e poucos anos xa teñen currículums cheos de mencións, estancias, becas e exposicións aquí e máis alá do Padornelo. Catro lados dun territorio que non deixa de medrar grazas, en boa medida, ao traballo feito dende a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que ven de cumprir 25 anos de vida, e a certámenes como o imprescindible Novos Valores do Museo de Pontevedra ou o recente pero exitoso Encontro de Artistas Novos na Cidade de Cultura. Ah! os seus nomes… Carla Andrade, Loreto Martínez, Christian García Bello e Marcos Covelo.
Pero a carón destas accións da arte emerxen outras que nos falan dunha potencialidade que non deixa de medrar, e de facelo de xeito exponencial nos últimos tempos. Facianas da nosa creatividade que non estaban afeitas á vertixe da popularidade ou do ben feito máis aló dun nome concreto, e así atopámonos en ámbitos como os da ilustración ou da banda deseñada con nomes como Alfonso Barreiro, Cristian F. Caruncho, Inés Vázquez Ramallal e Cynthia Knickerbocker que, de xeito moi diferente entre eles, son quen de compoñer relatos cheos de valores. Un pulo que ten o reflexo na máis que meritoria creación dunha escola adicada á banda deseñada ubicada en Pontevedra, ‘Garaxe Hermético’ da man de Kiko da Silva. E de Pontevedra xorde outro deses milagres que están a mudar a faciana da creación en Galicia, a Esdemga, a Escola de Deseño e Moda de Galicia que tras varias fornadas de deseñadores hoxe en día nos leva a citar nomes como os de Eva Soto, Isabel Mastache, Amai Rodríguez, Elena Rial, Rafael Cameselle ou David del Río, que aúnan neste tempo recoñecementos e desfiles en sobranceiras pasarelas nas que fan resoar o nome de Galicia a cada paso das modelos. E ata o cine, tantas veces abandoado a súa sorte nunha Galicia empregada históricamente soamente como plató de rodaxe, ve como varios mozos levan as súas imaxes as pantallas de todo o mundo e son premiados en Festivais, recollidos en publicacións e ata fixeron acuñar outra etiqueta no mundo das etiquetas a do Novo Cinema Galego, un terremoto no noso Audiovisual que abofé dende os anos oitenta non viu tal cousa. Oliver Laxe, Eloy Enciso, Lois Patiño ou Ángel Santos teñen boa parte de culpa.
Todo este cóctel, mezclado non axitado, é o que ven a definir parte das novas conquistas dos nosos novos creadores, tamén un xeito de orgullo de todo un país que chega a tal punto que ata convoca unha Feira das Industrias Culturais, o Culturgal, e que se enche de visitantes, para poñer no escaparate todo, ou polo menos parte do aquí exposto, o que compón outra paisaxe da nosa terra, cada vez máis afastada do folclorismo e inmersa nun xeito cheo de dignidade de facer as cousas e de facelas ben. Nestas liñas non están todos os que son, pero os que están son unha parte dun todo cada vez máis amplo, cada vez máis firme, cada vez mellor debuxado.

Publicado no Especial do Día de Galicia en Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo 25/07/2015

sábado, 18 de julio de 2015

Pessoa/Campos


Encerrado en un libro/III

Si es difícil encerrar a un personaje en el interior de un libro ese es Fernando Pessoa. Uno que son cinco. Un ser singular que se hace heterónimo por cuatro veces para sembrar la literatura, no solo portuguesa, sino mundial, de una de las escrituras más brillantes y audaces que el siglo XX pudo imaginarse. Precisamente cuando ese siglo estaba todavía en pañales, en unas décadas de fulgor vital, se encontró Lisboa a este personaje de sombrero y gafas pululando por sus calles y chiados hasta imponerse a ella, hasta el punto, como ha escrito hace tan solo unas semanas Javier Rioyo, director del Instituto Cervantes en Lisboa, en El País, en toda una marca, un símbolo ya no solo de la capital, sino de todo un país. «La marca Pessoa».
Se agitan los baúles para que de ellos sigan saliendo papeles y papeles escritos por Fernando Pessoa. Se descubren sus novelas negras, textos inclasificables e inclasificados sobre la genialidad y la locura, pero todo se queda a una distancia abismal de su poesía, esa poesía que un gris oficinista se sacudía en las noches de buhardilla con la ventana abierta y una luna grande como un queso alumbrando el estuario del Tajo. Un horizonte que se violentaba para hacerlo texto, que se humanizaba para hacerlo mensaje, pero sobre todo, que se escribía para que ese hombre pudiese seguir respirando ante un mundo que se movía ante él a una velocidad que desde su escritorio, de 9 a 14 horas, se ralentizaba para volverse a agitar en esas noches lisboetas entre el silencio del desván y el traqueteo de los tranvías.
Y es, en ese tránsito noctívago, en el que el poeta, como un alien futurista, hace brotar de su interior a esos otros poetas, a esas otras miradas que se disgregan por el mapa de Lisboa para escudriñar lo más profundo de la urbe, de su paisaje y del hombre que la habita, o lo que es lo mismo, de un tiempo en el que todos ellos aportaban los diferentes lados del prisma necesario para componer una misma esencia, una conjunción vanguardista que disociaba un alma humana pero modelaba a un genio entre el delirio y el misterio.
Uno de esos lados prismáticos, uno de esos heterónimos, lleva por nombre el de Álvaro de Campos, y junto a Ricardo Reis, Alberto Caeiro o el Bernardo Soares del ‘Libro del desasosiego’, son esas cuatro voces que surgen de una misma mente en el registro de una multiplicidad de visiones abrumadora en aquel instante, pero que, ahora, vista un siglo después, no deja de maravillarnos. Pues si ustedes quieren maravillarse ha sido la editorial Visor la que viene de recoger en un único volumen, y en una edición bilingüe toda la producción poética de este heterónimo. El ‘Libro de versos de Álvaro de Campos’, traducido en una labor homérica a cargo de Manuel Moya, es ese gran buque que, como el que llevó a Pessoa de Durban a Lisboa, se convierte en un inmenso navegador por una obra abismal, precisando, abisal, por lo que tiene de inmersión en las profundidades de un ser humano desvencijado por el frenesí del nuevo siglo, y la obligada mirada a ese nuevo tiempo al que el hombre intentaba coger el paso a base de desafíos, conquistas y algún verso que otro. De verso en verso, prolongado y ancho como el Atlántico, Álvaro de Campos recorre ‘las lámparas eléctricas, los engranajes y los mecanismos furiosos, los ruidos modernos, el rodar férreo y cosmopolita, las cafeterías, las pérdidas de tiempo en bares y en hoteles, la maravillosa belleza de la corrupción política’... y las líneas se suceden en vertiginosa torrentera que no deja de arrastrarte, de envolverte con una corriente en la que el lector es incapaz de hacer pie, de sostenerse sobre sus propias piernas. Lisboa revisited, Tabaqueria, sus Odas, sus noches y no sé cuantas cosas más. Cuentas de un rosario que uno no deja de sobar para seguir esas cuentas incontables, esa métrica estallada en mil pedazos. Fragmentos del desasosiego, ramalazos de la angustia impaciente por brotar y ser palabra. No hay respiro, más de mil páginas desconsoladas que, entre rayos de sol y brumas, desembocan en ese océano de palabras, porque al fin y al cabo Pessoa/Campos se refunden como ser único desde el uso de la palabra como un estilete que penetra en la coraza de una sociedad cada vez más amenazadora para un ser humano abrumado por los acontecimientos, por toda esa velocidad futurista que, como a tantos jóvenes en los albores del siglo XX, cautivó.
Esa fascinación ahora reposa en la obra de Fernando Pessoa, cada vez más conocida y explorada, cada vez más leída y analizada como un tratado entomológico del insectario humano que se revisa y que inevitablemente inspira a otros, como lo ha hecho con Vicente Valero en uno de sus capítulos de ‘El arte de la fuga’, pero también con otros colegas poetas como Felipe Benítez Reyes o Benjamín Prado que vienen de hacer poemas en sus últimas obras con el hálito proteico del luso como compañía inspiradora; o novelistas, como Antonio Muñoz Molina, enhebrando Lisboa con Pessoa y el Oriente ao Oriente de Campos en su último libro. Un hombre camuflado en su paisaje, destilado gota a gota hasta convertirse en toda una marca. Él, que solo ansiaba la noche abuhardillada sobre el Tajo como altavoz de sus otras voces, esos heterónimos que se descuelgan entre los dedos de unos lectores entre la emoción y el asombro. Sempre Pessoa!




Publicado en Diario de Pontevedra 18/07/2015
Ilustración: Álex Vázquez-Palacios

martes, 14 de julio de 2015

Luis Seoane. Unha mirada de esguello

Rue Saint-Antoine nº 170
Pintura. Ata o 27 de setembro o Museo MARCO de Vigo abre a totalidade da súa planta baixa para que nos mergullemos no ollar dun dos nosos artistas máis sobranceiros: Luis Seoane. Un creador total, un deses homes que por si mesmos son capaces de artellar a cultura de todo un país dende diferentes vieiros, aquí analizados.
 
'As Remolachas' (1959)

Toda exposición debe deixar despois da súa visita unha serie de conclusións, isto é, que o visitante, cando volte para a súa casa, ou cando lle adique uns segundos a reflexionar sobre o vivido neses intres, da súa cabeza xurda todo un ideario ao que asirse para entender o visto. Ese é o gran éxito dunha exposición, o da súa prolongación máis aló do que só é un recinto físico, pero para iso a mostra debe ofrecer diferentes situacións. Por un lado que haxa un proxecto sólido a explicar; segundo, que a súa exposición ao público se faga de maneira axeitada; e terceiro, que xurda unha empatía entre visitante e mensaxe. Cando todo isto se concreta, cando todo isto encaixa como a engranaxe dun reloxo, é cando podemos comprobar a importancia da cultura e a súa necesidade, e máis concretamente da arte, da arte plástica como un medio de análise e explicación dunha sociedade e o seu devir histórico. Todo iso dase nesta mostra adicada a Luis Seoane no MARCO de Vigo. Unha exposición de tese para revisitar a unha das figuras totémicas da nosa cultura. Un ser deses proteicos que engrandecen todo o que o rodea e que son incapaces de someterse a unha soa disciplina, agromando coma unha torrenteira toda unha semente que no caso de Luis Seoane foi da pintura ao deseño,  a escultura, a publicidade, a edición ou a ilustración na construción dunha obra, pero tamén da identidade dun país dende o terreo da plástica, alicerzado dende as dúas orelas atlánticas.
 
'Cabeza II' (1965)
 ‘Retrato de esguello’, é o inxenioso título que acolle a exposición que, dende o MARCO e a Fundación Luis Seoane, comisariada polo que é director desta última, David Barro, procura retratar a esta figura, pero máis que a el mesmo, busca compoñer o retrato do que el mesmo pretendía retratar, unha composición caleidoscópica de quen tivo tantos puntos de vista, tantos xeitos de mirar as cousas. «Unha cabeza nunca é unha», é o título dunha das catro pezas que, coma esfinxes interrógannos antes de acceder aos diferentes espazos da exposición. Fronte a elas temos que preguntarnos cómo é a nosa mirada sobre as cousas, se a realidade é a que recollen as nosas retinas ou se é outra diferente. O artista, coa súa capacidade demiúrxica, é quen de percibir que as cousas non sempre son como as vemos, que hai aristas ás que a nosa precipitación á hora de mirar ou o adocenamento visual e mental ao que esta sociedade nos somente non é quen de calibrar dende esa diversidade. É por iso que estes catro retratos miran de esguello, que segundo o diccionario quere dicir, «mirar en oblicuo», ampliando o noso ángulo de visión ou percibindo as cousas doutra manera. Unha vez superados eses retratos mergullámonos nos diferentes territorios que acollen esas miradas en oblicuo, esas miradas que perciben unha realidade feita en Galicia e para Galicia. É o pulso dunha terra a través das súas xentes, das súas escenas, da súa fauna, dos seus ceos e árbores, pero tamén dunha interpretación intelectualizada de todo iso para achegarse a unha linguaxe renovadora e chea de modernidade, algo que tanto precisa sempre calquer discurso artístico e máis un que pretenda artellar a singularidade cultural dun país.

Percorrer os seis espazos inxeniados de maneira brillante polo comisario da exposición é cruzar seis territorios dese universo que conformou Luis Seoane coa súa obra e a súa vida, ao fin e ao cabo dúas coordenadas que, como a liña e a cor nas súas pezas, non deixan de cruzarse para artellar unha dimensión creativa propia. 
Xilografías, polbos, bestiarios, estudos para murais, o mundo do circo, bodegóns, retratos, o deseño, a Torre de Hércules convertida na nosa picassiana Suite Vollard, tapices... todo iso baliza un camiño de percepción da realidade que desemboca nas súas pinturas dos anos sesenta e setenta, toda unha eclosión de forza que abraia pola determinación coa que se resolven paisaxes, retratos e mesmo a publicidade. Unha síntese expresiva que fai da policromía modernidade. Unha descomposición fragmentaria das cores, figuras concebidas coma paisaxes e unha percepción do territorio pictórico entendido como a trasposición do minifundismo galego ao lenzo. Unha xeometrización pensada para roturar unha nova pintura ante a que un non deixa de sinalar encontros con xenios nos que a pintura e o deseño revolucionaron mundos tan alleos a eles como o de Hollywood. Pensen uns instantes nos deseños para os créditos das películas ou os carteis de cine de Saul Bass e verán como ambas propostas non están tan afastadas entre si. Mentes visionarias que plantexaron, nunha cronoloxía similar, un xeito de representar artísticamente un motivo para visibilizar novos tempos e novas sensibilidades.
Dende ese ámbito da sorpresa chegamos a augada, manchas en liberdade capaces de xerar paisaxes que nos farán saltar ao outro lado do Atlántico para percorrer esa outra patria súa, a Arxentina, cunhas paisaxes que trazan unha xeografía na que Luis Seoane respirou aires galegos. Alí, naquela terra que o acolleu, fixo máis forte un amor por Galicia que á súa volta estourou coma un volcán para converterse hoxe nunha lingua de lava que non deixa de moverse para fixar o seu territorio, e como non, para marabillarnos.


Publicado no Diario de Pontevedra 13/07/2014. Imáxenes: MARCO

domingo, 12 de julio de 2015

Orson Welles. A-Z

Encerrado en un libro/II


Se llena este año de conmemoraciones en torno a uno de los más absolutos genios del siglo XX, Orson Welles. Cien años de su nacimiento o cincuenta del rodaje en España de su película ‘Campanadas a medianoche’, son solo algunos de ellos. Celebraciones que han traído consigo un caudal de publicaciones alrededor de su figura. Memorias, reediciones, entrevistas o análisis de su figura y obra, junto con la ‘casual’ aparición de sus propias memorias autógrafas o el anunciado estreno para finales de este año de una de sus películas nunca vista en una pantalla, ‘Al otro lado del viento’, han colocado al director de nuevo en el punto de mira, no solo de cinéfilos, sino también de aquellos que entienden que su figura traspasa el territorio del cine y lo convierten en un personaje esencial del pasado siglo.

Si siempre es complicado elegir el título  de uno de esos libros entre los diferentes publicados en estos meses: ‘Mis almuerzos con Orson Welles’, ‘Ciudadano Welles. Conversaciones con Peter Bogdanovich’, o ‘Mr. Arkadin’, escrito por el propio director, en esta ocasión me decantaré por ‘El universo de Orson Welles’ que la editorial Notorius ha publicado conmemorando la efeméride de su nacimiento, y lo hago por lo diverso y heterogéneo de lo que allí se escribe por parte de alguna de las miradas cinematográficas más interesantes de nuestro país, y además, por que entre esas miradas tenemos a un pontevedrés, Diego Moldes, con tres extraordinarios artículos llenos de personalidad y audacia, sobre todo el referido a ‘Ciudadano Kane’ (empresa, ahí es nada, que recayó sobre sus espaldas). Además, el libro, como todos los de este sello editorial, llama la atención por otra cuestión no menor, como es lo cuidado de la edición, una gozada que te hace acariciar sus páginas, no solo con la vista, sino también con la palma de la mano, y no les digo nada cuando entre esas imágenes asoma la que fue su esposa, Rita Hayworth.
Todo un itinerario que compagina entradas por orden alfabético sobre sus películas o participaciones como actor, pero también con comentarios sobre elementos particulares y definitorios de su cine, así como de sus colaboradores o actores y actrices más habituales. Poco queda por explorar en este volumen de un director que es un gigante en sí mismo, un renovador del lenguaje cinematográfico, como hiciera David Wark Griffith en su tiempo, y que siempre tuvo presente esa vocación de crear desde el lenguaje visual y narrativo, lo que le llevó con ‘Fraude’, otra de sus obras maestras, a intentar abrir nuevos caminos de expresión.
También es importante el que a lo largo de estas páginas el lector no tenga la sensación de estar ante un tratado académico, sino que el lenguaje que se descuelga entre los planos del director es lo suficientemente accesible para el que intenta hacerse una composición de ese enorme talento y de las muchas dificultades que tuvo, el que podría ser el primer outsider de la dirección cinematográfica, siempre en un desafío permanente con las directrices de los dominadores estudios de Hollywood, para plasmar en imágenes ese talento. En esa búsqueda de la libertad y autonomía que siempre caracterizó su obra España se convirtió en una especie de refugio, un lugar de tránsito en el que buscar amparo y cargar las pilas para pelearse en sus proyectos futuros con estudios y productores, siendo  en una de esas estancias en la que dirigió otra de esas grandes obras maestras que dejó para la historia del cine y que a él lo encumbraron como a uno de los mejores directores de la historia del cine. Su título, ‘Campanadas a medianoche’, dirigida en 1965, en diferentes localizaciones históricas en nuestro territorio y reaprovechando vestuario y decorados de otros rodajes. Pero todo ello, todos estos, a priori, inconvenientes, no vienen sino a azuzar el ingenio de quien tuvo a esta película entre sus favoritas, quizás, porque como ninguna otra, y eso que en todo su cine el devenir shakesperiano está siempre muy presente, se plantea su relación con todo el universo del dramaturgo británico. Aquí, en un ejercicio titánico, condensa partes de ‘Ricardo II’, ‘Enrique IV’, ‘Enrique V’ y ‘Las alegres comadres de Windsor’. Elementos como la ambición, el poder, la amistad, la traición o el envejececimiento del ser humano se redimensionan desde la óptica wellesiana para ofrecer una película llena de belleza y lirismo, alejada del barroquismo que inunda la práctica totalidad de sus películas pero que aquí, premeditadamente, Orson Welles deja a un lado, para revelarse como un Falstaff lleno de verdad y cargado de las miserias humanas, pero también de sus grandezas. Quizás había llegado el tiempo de mirar hacia sí mismo. De intentar explicar que bajo ese corpachón y esa mente brillante y admirada por tantos, aunque no siempre comprendida por muchos, simplemente había un ser humano, y para ello, para explicarlo, nada mejor que hacerlo de la mano de quien mejor abordó lo que es el hombre: William Shakespeare.
‘Campanadas a Medianoche’ recibió al año siguiente el Premio del Aniversario en Cannes, ligó a Welles con la cultura española que siempre admiró y gozó, y nos dejó imágenes de su rodaje tan fascinantes como la de un Falstaff despanzurrado tras la cámara, izado por el aire y con un puro en la mano. Encuentro esa fotografía en el archivo de este periódico con una fecha, una pista que seguir y que me lleva a un artículo sobre el auge de rodajes internacionales en la España de 1965. Pero mi mirada se dirige a un aviso en la parte inferior de una página del 11 de octubre de 1966 anunciando, «¡¡¡Por fin!!!», el estreno en el Teatro Cine Malvar de una película, su título: ‘Ciudadano Kane’.


Publicado en Diario de Pontevedra 11/07/2015
Fotografía. Orson Welles durante el rodaje de 'Campanadas a medianoche' (1965). Archivo Diario de Pontevedra.

martes, 7 de julio de 2015

Pontevedra dende un café

Rue Saint-Antoine nº 170
Roteiro. Poucos miradoiros máis fascinantes dende os que ollar a unha cidade que dende un café. Unha loita entre o interior e o exterior na que se reflicte o acontecer diario. A publicación dunha singular guía sobre Pontevedra levoume a participar nela cunha mirada dende algúns deses cafés, dende aqueles máis históricos convertidos nunha referencia.

Mesa do Carabela co Savoy ao fondo
O Café foi dende sempre o espazo da modernidade. O ámbito urbano no que tiñan lugar as relacións entre as persoas, os cambios de impresións, os faladoiros, en definitiva, o lugar de encontro entre diferentes percepcións da realidade. Nas décadas iniciais do século XX Pontevedra fixo do Café, ao igual co resto das capitais europeas, un espazo lúdico no que un se podía mover máis comodamente. dun xeito máis libre, e ese reduto de liberdade é tamén fundamental á hora de achegarse a eles. Catro cafés subsisten dende esas décadas, o Café Moderno (1903), o Café Savoy (1936), Café Blanco y Negro (1943) e o Café Carabela (1947). Os catro forman parte da nosa historia como sociedade pero tamén da historia de cada un de nós. 
É por iso que á hora de participar desta idea que xurde do Concello de Pontevedra e da Universidade de Vigo, coordinado dende a creatividade de Portal 48 para facer unha publicación que recollese diferentes itinerarios pola cidade de Pontevedra, coido que hai poucos espazos máis vizosos para achegarse a unha cidade que dende os seus cafés. Espazos entre o exterior e o interior separados por unhas fiestras que actúan de protección, pero tamén de miradoiro sobre as rúas e prazas da cidade ás que a mirada se dirixe entre grolo e grolo de café ou trala lectura das liñas dun libro. Falar de cafés en Pontevedra sería facelo dunha chea deles, lugares máis ou menos recentes cheos de historias e lembranzas que xa forman parte do devir da cidade, do seu pulo diario, pero a hora de facer unha obrigada escolla por cuestións de espazo estaba obrigado a cinguirme a catro deses cafés e abofé que estes catro son as referencias históricas na cidade. Falar do Moderno, Savoy, Blanco y Negro e Carabela é facelo da propia Pontevedra e de todos nós.

Ambolos dous actúan como os custodios da praza, os bastións dun espazo urbano feito para a vida da cidade, para o lecer, a festa ou calquera tipo de celebración común, pero tamén para os instantes de intimidade, o dos cativos e os maiores, en definitiva, o corazón desta cidade. A un lado o Savoy ao outro o Carabela. O Savoy ábrese ao gran teatro da Ferraría, coas súas xentes indo de aquí para alá, ao Mercado, ao Museo, polos Soportais, subindo a San Francisco, mentres as camelias desafían ao tempo natural e enchen de cores unha praza feita para capturala vida. Cristais adentro, a vida dun café histórico, de tertulias de xente da cultura en tempos nos que a cultura non estaba moi ben vista, os recordos de Paquito, aquel camareiro inesquecible, pero tamén as ventanillas para venda de entradas para os touros ou para o Pontevedra. Agora asómase ao século XXI cunha nova decoración axustada aos tempos pero mantendo un aire cheo de cultura, pequenas exposicións, concertos de jazz e as escaleiras da Libraría Lello coma un ascensor para vela plaza dende a súa parte superior. O mellor regalo cos seus donos nos fixeron aos seus clientes.
Na praza da Estrela o Carabela é unha secuencia do exterior. Unha especie de película cinematográfica que, dende cada ventá, atrapa un anaco do exterior. O convento de San Francisco, A Ferraría coas torres da Peregrina ao fondo, os Soportais, as xentes... instantes que se converten nun só ao mirar sobre a barra, a esas ‘ilustracións’ que Conde Corbal deixou xa para a historia como recordo dunha cidade que se desdobla e que se mergulla en si mesma para tentar explicarse. Un xogo de espellos que en certos momentos convértea nunha cidade irreal que vai e ven, que se escapa ante a nosa mirada como aquela cidade levitante dun Gonzalo Torrente Ballester que paseou por estes dous cafés cómplices da Ferraría e o seu latexo común.
 
Interior do Café Moderno
O Café Moderno é o máis antigo dos catro. A representación dun novo século que faría de Pontevedra unha cidade chea de feitos vangardistas. Un deles este Café Moderno no que se proxectaron as primeiras películas da cidade, onde a máquina do café asubiaba para facer que o volume subira nas conversas dos que ían ao gran faladoiro dos anos vinte e trinta do século pasado. As súas paredes enchéronse ben cedo dunha decoración que ía máis alá de ser só iso, e se convertía nun muestrario da pintura daquel tempo. Monteserín, Carlos Sobrino, Luis Pintos Fonseca... máis tarde chegarían Laxeiro, Leiro ou Álvaro Siza para converter a ese Café Moderno nun cofre cheo de tesouros. O tempo conxélase nese reloxo feito por Arturo Rey, agullas que marcan o paso do tempo que en Pontevedra é diferente ao do resto dos lugares.
Terraza do Blanco y Negro
E a derradeira parada, o Blanco y Negro, un café dentro dun xardín ou un xardín dentro dun café. Séntome nos seus cómodos sofás e os ventanais ábrense nun espectáculo de visión e memoria ás Palmeiras, berce do Pontevedra c.f., a un espazo de xogos fondeado na nosa memoria infantil, o camiñar cara os institutos e aquel Circo-Teatro no que se despediu a Ravachol. Ese Circo-Teatro métese no interior do Blanco y Negro cunha foto que volve a facernos xogar co dentro e fora, coa cidade que foi e a que é, en definitiva, parte dun camiñar común que agora é libro para continualas pegadas dos que antes ca nós viviron esta cidade e agora somos nós os que a vivimos.

Prismas da cidade
Varios autores

Alba Blanco, Alexis Parada, Basilisio Fernández, Bernardo Carballal e José Luis Carrasco, Cristina Taboada, Diego Castro, Fruela Alonso, Hermanos Maquieira, Iria Ríos, Javier Nogueira, José Chas, Laura Romero, María Lusquiños, Marta Moldes, Nicolás Balea, Pablo Campos e Mayte Vidal, Rafael Santomé, Ramón Rozas, Roberto Rivas e María Campo son os autores que plantexaron os diferentes percorridos para gozar da cidade de Pontevedra.


Publicado no Diario de Pontevedra 6/07/2015

sábado, 4 de julio de 2015

Preguntas de una vida


Encerrado en un libro/I



Preguntar. Un verbo. Una acción. Un hálito de vida para el que se dice periodista, para aquel que construya desde esa profesión un edificio en el que vivir y desde el que asomarse, desde sus diversas ventanas, hacia el exterior que le rodea para vislumbrar respuestas e intentar entender los infinitos horizontes que ante el ser humano se abren.  Juan Cruz (Puerto de la Cruz, Tenerife, 1948) ha hecho de esa edificación una casa con numerosas ventanas. Oquedades que se presentan de manera asombrosa, tanto por su profusión como por el interés que surge de la lectura que se crea en cada una de ellas. Noticias, reportajes, opiniones, obituarios, comentarios literarios y, como no, entrevistas.
Comenzamos así una serie de verano para descubrir a personajes que recientemente se han visto encerrados en un libro. Fosilizados para ser manejados por los lectores y ocupar con ellos su tiempo de lectura. A través de esas páginas, sus obras, pensamientos o acciones, nos descubrirán como un libro puede convertirse en uno de los mejores contenedores para abarcar al ser humano, para explicarlo y mostrarlo tal y como es.
Deben ser bien pocos los escritores de relativa relevancia que no se han colocado ante la mirada escrutadora de Juan Cruz, una mirada conformada desde una pasión, la de los libros, pero sobre todo, por una pasión a partir de la que es capaz de contagiar a quienes seguimos sus comentarios o sus recomendaciones. Habrá algún purista, siempre tan necesarios como ornamento y especie exótica, como innecesarios en su argumentario, que entiendan que un crítico literario debe responder a otras inquietudes, que la fusta debe estar siempre erguida para destruir páginas y arruinar carreras, pero a mí me interesa más la persona que es capaz de transmitir las pasiones que, desde su palabra, su escritura o su mirada, te contagian para, tan solo unas horas después, o incluso unos minutos, lanzarte a una librería o a una biblioteca para conseguir un ejemplar de ese libro del que se ha hecho algún comentario. «Las librerías están abiertas», exclama una y otra vez nuestro protagonista, una invitación a la lectura pero también un salvoconducto de mejora humana repleto de enseñanzas y bondades.
Juan Cruz, autor de tantos libros, ahora se ha visto encerrado en uno de ellos de título clarificador, ‘Toda la vida preguntando’, que la recién nacida editorial Círculo de Tiza ha puesto en circulación como un compendio de parte de lo que significa la figura de Juan Cruz en el paisaje cultural español. Casi un archipiélago en sí mismo dotado de actividad sísmica. Las entrevistas, que se van sucediendo página tras página, además de suponer una inagotable fuente de envidia para el lector, al comprobar como un único ser humano ha podido compartir horas y horas de conversación con autores como Pablo Neruda, Juan Carlos Onetti, Gabriel García Márquez, Umberto Eco, Antonio Muñoz Molina, Elena Poniatowska, María Zambrano, Juan Rulfo, Miguel Delibes, J.K. Rowling, Mario Vargas Llosa... y así todo un deslumbrante desfilar de nombres; pero también por cómo se puede ser capaz, desde este género, de definir los itinerarios vitales de esos autores, y no solo eso, sino de hacer asomar el paisaje de los diversos tiempos en que fueron hechas y publicadas esas entrevistas que aquí se inician con Julio Caro Baroja en 1968 y concluyen con la última entrevista al Nobel Günter Grass, realizada este mismo año. De la mano de Juan Cruz recorremos más de cuarenta años de encuentros, de tira y afloja entre entrevistado y entrevistador. Largas charlas que dejan el regusto de lo literario porque ellas mismas son literatura.
«Cuando por fin teníamos las respuestas nos cambiaron las preguntas», cita Juan Cruz ante el gran George Bataille rememorando una pintada con la que se encontró en Ecuador. Aquí preguntas y respuestas no se cambian, permanecen inmutables desde el día en el que salieron publicadas como parte de una prensa efímera, pero que ahora se fijan en un libro como declamación de lo importante que es que esa prensa defienda en su territorio la presencia de la cultura y el pensamiento como permanente construcción de nosotros mismos, y para eso nos hacen faltan respuestas, pero también preguntas.


Publicado en Diario de Pontevedra 4/07/2015