lunes, 26 de mayo de 2014

Os tempos están a cambiar



Tan importante é a nosa vida como todo aquilo que nos rodea. Ese é o acubillo do que nós formamos parte e que, aínda que non o saibamos, acompañaranos ao longo deste camiñar. As músicas, as películas, as lecturas, as mozas, as compañas do colexio... un amplo cultivo que sera preciso para que agromen en nós toda unha serie de inquedanzas na configuración da nosa personalidade.
Agustín Fernández Paz, mestre das nosas letras, lévanos da man dun mozo chamado Miguel a vivir uns tempos apaixoantes nos que as sombras daquela España, aínda chea de grises na cruel agonía do franquismo, tiñán a súa distracción en mundos como as músicas de Bob Dylan, en películas como ‘Matar a un reiseñor’, nos cómics, nas novelas do Oeste ou na liorta que en plena Guerra Fría levou a soviéticos e americanos a unha loita por quen ía máis lonxe nos propósitos das súa carreiras espaciais. Esa carreira simbolizaba como poucas cousas a chegada dun mundo novo, a superación dos traumas das guerras mundiais, ou o progreso, que dun ou doutro xeito tamén se palpaba nas vidas dos protagonistas desta novela. Eles, Miguel e os seus pais, facían fronte ao Réxime, como eles podían, pero sempre co medo a ser descubertos e levar así un forte castigo. Aquel mundo da resistencia antifranquista Agustín Fernández Paz é quen de argallalo a través dalgo tan complexo como os ollos dun rapaz. Un mozo que esperta á vida, mentres a vida fará del algo necesario para que ela mesma teña sentido. O descubrimento do amor, da realidade agochada tras os segredos dos seus pais, ou as verdades que a vida porá tempo despois ante el, son o soporte dunha novela na que o autor amosa todo o seu potencial narrativo a través do cal conducir ao lector dun xeito suave e agarimoso na descuberta dun tempo de escuridade pero tamén de luz, de dor, pero tamén de ledicia...en definitiva a cara e a cruz dunha vida á que Agustín Fernández Paz rende tributo dende una literatura que sempre deixa un pouso de esperanza e redención, de afouteza na pescuda dos valores que suxeitan a un home tantas veces zarandeado polas tormentas da vida.
Miguel xa é un deses nenos inesquecibles na nosa literatura, un personaxe do que o mesmo Atticus Finch sentiríase ben orgulloso, coma nós nos sentimos de cada un dos libros que escribe Agustín Fernández Paz. Un escritor máis moderno que moitos autores chamados modernos, e iso por qué?, pois porque a súa literatura é a a da sinxeleza, a que nos fai ollar en fite ao ser humano e as súas eivas, sen artificios nin superioridades, sendo quen de ir máis aló do meramente literario e así é como a carón deste libro desenrola un blogue no que esta viaxe continua. Porque como cantou Bob Dylan «os tempos están a cambiar».

Publicado no Progreso de Lugo e no Diario de Pontevedra 25/05/2014

viernes, 23 de mayo de 2014

Ausencias

«Con su otoño Velázquez, con su Torre Picasso,
su santo y su torero, su Atleti, su Borbón, sus gordas de Botero, sus hoteles de paso,
Su taleguito de hash,sus abuelitos al sol.
Con su hoguera de nieve, su verbena y su duelo,
su dieciocho de julio, su catorce de abril. A mitad de camino entre el infierno y el cielo… yo me bajo en Atocha, yo me quedo en Madrid.»
(‘Yo me bajo en Atocha’. Joaquín Sabina)


Madrid se baja en Lisboa como aquellos ‘Pájaros de Portugal’ que, en otra canción inolvidable, hizo volar Joaquín Sabina. Ellos tampoco conocen el mar, pero hasta allí se van a descubrir la brisa marina, el aroma salado con el que el Atlético de Madrid pretende matar a su padre, para dejar de ser ‘el pupas’, enterrando definitivamente aquella final ante el Bayern con un Luis Aragonés que veía como le salían los dientes al malditismo colchonero; mientras, el Real Madrid intentará salir de la espesura generada por la selva de su autogloria en la búsqueda, ya casi patológica, de Eldorado en forma de Décima.
Una final de Champions entre dos equipos peninsulares alcanza en Lisboa el símbolo soñado por el mismísimo Saramago para cantar, como las sirenas sobre las rocas, el deseo de esa Iberia que nos haría tan bien a todos. Un balcón colgado del Atlántico cargado secularmente de lloros y saudades, de ausencias cantadas a través de fados en cafés de barrios y de poesías repletas de derrotas y victorias. «¿Qué importa a aquel a quien ya nada importa/que uno pierda, otro venza,/si ha de amanecer siempre» dice Fernando Pessoa encerrado en una oficina de esa espléndida capital permanentemente instalada en una decadencia inmarchitable que la convierte en belleza eterna.
Lisboa es la ausencia, la de los marinos que se lanzaron al océano para no volver mientras las mujeres de negro teñían de amargura sus calles, pero también la de los emigrantes que no dejaron de pensar en ella como una patria varada a la que ya nunca se podría retornar. Y es que hasta en esta cita de fútbol y estrellas la capital lusa es la de las ausencias, una por bando, pero las dos gigantes, como corresponde a un partido de estas dimensiones. Ni toda la placenta de caballo (digo yo que será de yegua) del mundo podría hacer que Diego Costa participe en condiciones en este partido, y de salir al terreno de juego no será él. Si lo hace solo será el asidero al que aferrarse un equipo para sostener el pendón del ataque y mantener en alerta el miedo del rival. De caer en la batalla otro lo recogerá, como vimos en el Nou Camp, en un equipo que trasciende a los nombres individuales para erigirse en bloque pétreo cincelado por el cholismo y las ganas de ganar, siempre lo más importante en cualquier deporte.
La otra ausencia, más que blanca, de purísima y oro, es la de Xabi Alonso. Me duele siempre escribir de Xabi Alonso porque como barcelonista es el único jugador del Real Madrid que me gustaría ver entre los azulgranas. Pero una mala tarde la tiene cualquiera y tras su fichaje Xabi Alonso ha sido capaz de imponerse al ecosistema blanco convirtiéndose en un verso suelto, en un ser capaz de sortear las minas del mourinhismo, el hechizo florentinista y las componendas de un vestuario que debe ser peor que la familia de Eduardo Manostijeras poniéndose lentillas unos a otros. En ese vestuario, como en el centro del terreno de juego, están él y el resto, y aunque algunos sesudos peloteros ya han puesto a funcionar el martillo pilón para destrozar prestigios y futuros él sigue su camino y no duden que todavía hará que se descuelguen por ese número 14 (otra señal blaugrana que no supo interpretar a tiempo) días de gloria para los seguidores blancos y los de la Selección. ¡Y además lee!, ¡y a Manuel Jabois!, ¡no sé que más le pueden pedir a un futbolista!
Mañana todos escribirán de los que estuvieron sobre el campo, de lo bien o lo mal que lo hicieron, de sus abrazos y risas, de sus lloros y del crujir de dientes, nada nuevo bajo el sol del fútbol, pero a mí hoy el cuerpo me pedía hablar de los ausentes, de los que estarán sin estar, de los que llegaron a Lisboa vistiendo pantalón largo porque no conocían el mar, y claro, como sigue la canción, «se les antojó más triste que en la tele».

Publicado en Diario de Pontevedra 24/05/2014

domingo, 18 de mayo de 2014

Alén de 'Nimbos'



O gran protagonista do día das Letras Galegas deste ano a ninguén se lle escapa que é un gran descoñecido para o lector en xeral. Boa parte do senso que ten este día é o de abrir as fiestras cara as obras e as vidas daqueles homes aos que o tempo non lles prestou como debería. Un esquecemento que se corrixe, en parte, con este recoñecemento e as diferentes actividades que agroman ao seu arredor. Entre as moitas iniciativas destaca a escolma poética que da súa obra fai a Editorial Galaxia neste volume que, baixo o título de ‘Poesía galega completa’, compilada por Armando Requeixo, consegue unha aproximación fonda e estudada a unha obra que vai alén de ‘Nimbos’, o seu traballo de referencia publicado en 1961, por esta mesma editorial, sendo a única obra publicada en vida do autor e ao que nos suxeitamos os que coñecíamos a este poeta.
Armando Requeixo cumprimenta ao autor de Guitiriz homenaxeado cun imprescindible volume no que, xunto coa súa obra édita, con ese ‘Nimbos’ coma corpus central, tamén hai espazo para a súa poesía inédita: ‘Follas verdes’, ‘Follas ao aire’ e unha escolma de poemas soltos van ser quen de dar a verdadeira medida da súa obra poética e o que significa Galiza como cerna do seu pensamento, no que trascende un fondo existencialismo cun alto compoñente de relixiosidade. Remata o libro cun epistolario de gran utilidade, por enfrontarmos a unha faciana máis íntima do escritor e o seu estreito vencello con nomes como os de Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou Ricardo Carballo Calero e o nacemento do seu poemario ‘Nimbos’.
Este alén de Nimbos que tan ben explicita o autor deste traballo amosa, polo tanto, a un home non limitado a esa escolma coñecida, espallándose o seu labor moito máis aló dese poemario e ofrecéndonos un poeta maiúsculo do que aínda hai moito que dicir e que estudar. Nesta escolma atopamos novas irisacións que aloumiñan a percepción dunha poesía chea de riqueza e riquezas, de diferentes estilos nos que a sensibilidade, o simbolismo ou a existencia do home impóñense como carreiros polos que conducirse.

Emociona o compromiso da Editorial Galaxia con este autor que fixo do seu único poemario publicado unha obra de referencia que saiu do prelo desa casa. Agora, máis de cincuenta anos despois daquel feito, son varios os traballos publicados arredor deste home pola editorial: ‘Xosé María Díaz Castro. Nimbos da luz’, ou ‘Nimbos’, cunha edición de Luis G. Tosar, engádense a este admirable traballo a cargo de Armando Requeixo na procura dunha esperanza, a de dar a coñecer esta «Terra sucada, poema de cen versos» que van ben máis alá deses abraiantes ‘Nimbos’.


Publicado no Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo 18/05/2014
Ilustración a cargo de Álex Vázquez 

sábado, 17 de mayo de 2014

Unha nova vida



Alí estaban, a carón daqueles contedores nos que as bolsas de lixo asomaban polas súas tapas ao solpor. Repousaban aínda co corazón morno, latexando de xeito cada vez máis feble á espera da súa destrución definitiva. Alguén os deixara alí, fóra daqueles cadaleitos verdes nun acto último de arrepentimento da súa acción, sabendo que a aqueles libros aínda se lles podía conceder unha derradeira oportunidade.
Poucas cousas me doen máis que ver libros arroxados ao lixo, historias que se van a un vertedoiro onde xa nunca poderán cumprir a súa saudable función de facer feliz a algún lector. Xa son varias as veces nas que me atopo ante diferentes contedores libros que aínda están repletos de vida, libros que poden seguir enchendo de ledicia, sabedoría e cultura aos seus donos. Fai ben pouco atopei, dun xeito similar a este último achádego, máis de vinte tomos dunha antiga enciclopedia de pintores. Un tesouro que alguén desbotou e que agora é meu.
Desta vez a cousa é distinta, as ilustracións das obras dalgúns dos mellores pintores da Historia da Arte víanse substituídas por textos sobranceiros das nosas letras. Doeume ademáis de xeito particular que todos os libros desbotados estaban escritos en galego e que todos debían ser lecturas obrigadas dalgún rapaz que probablemente necesitase espazo no seu cuarto para colocar as súas novas leas tecnolóxicas. Como se só os libros na nosa língua foran prescindibles. Unha mágoa. Alí estaban o noso Principiño, ‘Memorias dun neno labrego’, do benquerido Xosé Neira Vilas; pero tamén ‘O señor das moscas’ de William Golding, que tanto lle gusta a outro dos damnificados nesta masacre, Xabier P. DoCampo, quen ten entre as vítimas ‘A chave das noces’; pero é que tamén estaban ‘A perla’ de Steinbeck, S.O.S. de Pepe Carballude, ‘O vaso de prata’ de Antonio Marí ou a que é consideraba a primeira novela galega do século XIX, ‘Maxina’, de Marcial Valladares. Acaso estes títulos non merecen unha nova vida? Pois a van ter, dígovolo eu. Dende fai uns días están a carón dos libros da miña libraría, abofé que eles os coidarán e agasallarán como merecen todos os que chegan a un novo fogar, por moi amarelas que teñan as súas páxinas ou por enriba das enrrugas das súas portadas. Só decirlle a M.V.B., que é quen asinou algúns destes exemplares, como mostra da súa propiedade, que se desfixo de lecturas que forman parte da súa vida, para ben ou para mal, e que dentro dalgúns anos sentirá a necesidade de voltar a eles, ao que se lle engade o ter a capacidade de ler en galego, algo que é una cobizosa riqueza envexable por moitos.
É probable que a M.V.B. o día de hoxe lle tire dun pé, que non lle importe saber quen foi Xosé María Díaz Castro , pero do que si debería sentirse orgulloso é de poder ler unha língua tan fermosa e que forma parte dun sistema cultural que, aínda que menosprezado por algúns, ten cada vez máis pulo e é quen de facerse sentir cada vez con máis forza. E se non me cren fagan un repasiño rápido a este derradeiro ano no que, por exemplo, un poeta noso, Manuel Álvarez Torneiro, acadou o Premio Nacional de Poesía, sendo a primeira vez que o consegue un libro en galego. Pero tamén neste ano asistimos ao nacemento dun medio impreso como foi a Revista Luzes, un fito nestes tempos mediáticos, que procura a reflexión e o análise, dentro dunha imaxe moi coidada. E de libros, como non falar de libros. Ai! M.V. B. se colleras o novo libro de Agustín Fernández Paz ‘A viaxe de Gagarín’, abofé que ata ti o ías meter debaixo da almofada para sentilo sempre preto, en vez de chantalo a carón dun contedor. Ou ‘A illa de todas as illas’ de Xabier P. DoCampo, si, ese mesmo ao que lle tiraches un libro. Pero é que aínda hai máis, libros como ‘Cadeas’ de Xabier López, ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’ de Berta Dávila, ‘A luz da colleita’ de Anxos Sumai, e xa non te digo máis nomes non vaia a ser que teñas un mareo. Cinco libros que de seu xa xustifican a boa saúde da nosa literatura e a afouteza dos nosos libros, alicerzados por unhas letras que hoxe están de festa. Non se achanten coma fixo M.V.B. collan algún destes libros e lean. Bo día das Letras Galegas!

Publicado no Diario de Pontevedra 17/05/2014

lunes, 12 de mayo de 2014

Cando a raíz faise fenda


Define o Dicionario da Real Academia Galega ‘fenda’ como «abertura ou separación alongada de anchura uniforme na superficie dunha cousa, que non chega a separala totalmente», e ao seu carón engade como exemplo do seu emprego o seguinte: «A parede da casa está chea de fendas».
Ata esa casa parece levarnos a autora desta escolma poética de nome ‘Raíz da fenda’ na procura dunha fervenza íntima de sentimentos e de sensacións que poñen a pel de galiña. Unha casa que é a súa propia familia, na que se moverá no seu interior para valorar como esas fendas, ás que ninguén é alleo dentro da súa contorna, afectan ao seu eu. Un exercicio cargado de potencia e dunha forza que fai da poesía un exercicio terapéutico cheo de virtudes, non só para a autora, senon tamén para o lector. «A poesía é só a arte da espera, a casa, a testemuña», di Berta Dávila, que emprega esa poesía para enfrontarse á vida, mirando en fite ao bo e ao malo, a esa moeda caprichosa que unha vez se lanza ao aire nunca sabemos que cara nos vai a amosar. A morte, o amor, o medo, o abandono, a ilusión, a enfermedade... en definitiva unha procura a través da expresió, da palabra, daqueles sentimentos que xorden desas fendas vitais que converten a nosa vida nunha montaña rusa chea dunha vértixe que tantas veces amósase incomprensible. De aí que quizais só a través da poesía, ou dalgunha outra manifestación artística, poidamos ter unha boia á que suxeitarnos, na que permanecer a salvo ante o naufraxio que supoñen algunha desas situacións na vida, tantas veces fráxil, do ser humano.
Berta Dávila, da que falabamos hai ben pouco tempo aquí da súa apaixoante obra ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’, amósanos dende o territorio poético outro brilante exemplo da súa literatura e da súa postura ante o que acontece o seu arredor, cerna deste relatorio íntimo e cheo dun bulir incapaz de deixar o lector indiferente polo que se conta, pero como tantas veces na arte, por cómo se conta, amosando esta moza unha abriante capacidade para transmitir sensacións que impacten no lector. Non é de estrañar entón a recepción que tivo esta obra entre o sector literario, unha carreira que comenzou co modesto, pero sempre iluminador, premio de poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu e que vén de coroarse coa concesión do Premio da Crítica Galega para unha obra de poesía. Galardóns que refrendan un proxecto, pero sobre todo a unha autora, Berta Dávila, que asusta polo feito de xeito tan prematuro e sobre todo, anuncia un futuro no que se abrirán outras fendas, pero neste caso para agromar un talento ao que suxeitarnos como unha árbore chea de vida, e por suposto, vidas.


Publicado no Diario de Pontevedra e Progreso de Lugo 11/05/2014

domingo, 11 de mayo de 2014

Galician style



Todavía un recorda aqueles grandes expositores que se atopaban en moitos quioscos cheos de coloridas postais. Collemos unha ao chou e lemos: ‘Recuerdo de El Grove’ e atopamos nela unha ostensíbel fonte chea de centolas, nécoras, langostinos ou percebes sobre unhas follas de leituga e algunha vista da ría de Arousa como fondo... un plano fixo que cumpría a misión de revisitar aquela Galicia de fai décadas e que a través destas postais viaxaba polo mundo adiante amosando o que se foi acuñando como unha sorte de Galician style, e dicir, traxes folclóricos, paisaxes bucólicas, hórreos, cruceiros e comida, moita comida. Asentouse así unha visión edulcorada dunha Galicia que era moito máis que iso, pero as eivas daquela sociedade lúgubre, chea de sombras emerxentes do franquismo, obrigaba a vender esta terra afastada do mundo como unha Ítaca folclórica na que os seus habitantes vivían felices a carón dun río, tirados na herba, ao tempo que ensaiaban algún paso de baile. 
Costou moito desprenderse de todo aquilo, facer de Galicia unha sociedade contemporánea, moderna e que sexa quen de mirar en fite a outras sociedades sen complexo algún. Conseguiuse, aínda que moitos hoxe, mesmo semellan non querer saír dese mundo de coloríns por si se lles fode o invento. Comenzamos a velo con máis insistencia nesta recén iniciada campaña electoral europea cuns candidatos que abofé repetirán arcaísmos ou esas poses forzadas sempre presentes nestas perversas campañas. É por iso que non descartamos neles algún empacho de mexillóns, unhas boas apalpadas nas ubres dalgunha vaca acosada ou algunha vergoñenta muiñeira nalgunha praza ou romería, que virán a substituír a iso que é tan habitual que non estea presente nunha campaña electoral, por moi paradoxal que pareza, como son as propostas dos partidos. Moitos porque non as teñen, e outros, porque de amosalas con sinceridade, serían o mellor antídoto para os seus propios votantes. 
Dende hai unhas semanas temos en Pontevedra unha intelixente e pioneira reflexión sobre aquela Galicia que se vendeu cara fóra a través, non só polos turistas, senón tamén por esa rede infinita establecida pola emigración. Xosé Enrique Acuña pariu este proxecto baixo o nome de ‘Apostolado Galaico’ e que nos pon, na Sala X da Facultade de Belas Artes, diante de todo ese universo do kistch, agora elevado a obxecto artístico. Toda unha mirada a aquilo no que se nos quiso converter a través dun proceso de produción en serie de longas tiradas e baixos custes que en cambio foi moi efectivo, e así o comprobamos coa continuidade de moitos daqueles clixés. A exposición, que remata o 23 deste mes, complétase cunha serie de imáxenes feitas polo fotógrafo Julio Gil, na que se reinterpretan aquelas postais dende unha óptica actual, dando paso á moda, os tatuaxes, a escenarios contemporáneos nunhas e o contraste entre a tradición e o novo noutras. Un vídeo, firmado por Sabela Vázquez, tamén xoga con aquelas imaxes vencellándoas con mensaxes da clandestinidade franquista, pon punto final a este achegamento a un tempo que non está tan lonxe, non vaian a pensar. Seguro que si remexen nos caixóns das súas casas ou na dos seus pais, atoparán algunha destas postais adormecidas, loitando contra o paso do tempo e a memoria dos que as empregaron como medio de comunicación, aínda que ocultas entre fotos familiares en branco e negro, e se rebuscan ben, ao mellor tamén atopan a sofistificación máxima, como eran unhas pequenas televisións de plástico ás que lles premías un botón para cambiar de imaxe e así íanse sucedendo varias destas fotografías. 
Galicia mudou e o fixo demasiado despacio para o que nos merecíamos, agora Xosé Enrique Acuña enfróntanos a nós mesmos e á sociedade na que medramos para que, co paso do tempo, e un pouco de xuízo crítico, sexamos quen de avaliar como fixeron que nos viran no resto da Península, en América ou nunha Europa que nos próximos días andará á procura dun camiño no que as cores e as falsedades deberían deixar paso á realidade e as persoas de verdade.

Publicado en Diario de Pontevedra 11/05/2014

martes, 6 de mayo de 2014

Asasinatos e xornalismo


Xornalismo e asasinatos sempre mesturaron ben. Na literatura ou no cine non foron poucos os xornalistas que rivalizaron coa mesma policía, ou que traballaron a carón dela para esclarecer algún crime como cerna do relato.
Elena Gallego deitase nese cómodo colchón para botar a andar a súa primeira novela allea a un dos fenómenos literarios do noso sistema cultural, do que ela tamén é protagonista, como autora da serie de libros ‘Dragal’ que enche as mentes dos nosos xóvenes dende o bendito maxín da literatura. A autora, xornalista que coñece ben este medio, mergúllase nun Vigo no que a aparición dunha serie de cadáveres pon patas arriba unha redacción periodística e o corpo de policía. Esa simbiose entre ambos estamentos é o que permite a autora poñer un pé, por un lado no periodismo, no que se acadan moi boas páxinas ao transmitir a vida (por chamarlle así) dentro dun xornal e as relacións entre os seus integrantes, e o outro na investigación que a xornalista protagonista realiza a carón da policía.
A ringleira de cadáveres que xurden ao longo da novela, nun Vigo tan concreto e case lexendario, como foi o dos oitenta co marco ambiental da Movida, medra ao tempo que xunto a cada un dos corpos aparecen uns bonequiños que xa forman parte das vidas de moitos que os viron aparecer fai xa corenta anos acompañandoos como fieis escudeiros de xogos. Aqueles inesquecibles clicks de Famobil son o fío do que tirar para tentar buscar unha explicación a todos eses feitos nos que Elena Gallego é quen de implicar ao lector, de enganchalo nun relato que homenaxea as novelas de xénero negro, pero sobre todo o que fai é permitir o goce do lector, e iso, non é pouca cousa. Unha intriga na que tamén hai lugar para o humor, un sonrriso que esvara entre a morte, para evitar unha excesiva rixidez, e que lle acae moi ben ao conxunto, como descanso entre os crimes, o que tamén se acada con esas descripcións do mundo xornalístico que amosa un espazo no que a escritora móvese cunha soltura evidente a medida cun lee eses fragmentos tan ben resoltos.
Unha novela que leva varias semanas, dende ben pouco da súa saída do prelo, encabezando as listaxes de vendas de libros na nosa terra e que supón unha especie de beizón para o sistema literario que con este tipo de novelas suma adeptos, e dicir, lectores para seguir asomándose ás historias dos nosos creadores. Elena Gallego segue así a perpetuar ese milagre que xurde de vencellar literatura e vendas, e o fai cunha obra amable, chea de bondades para un lector desexoso de atopar na literatura un engaiolante pasatempo que o afaste da intrascendencia de tantos pasatempos moito máis perigosos que os mortos agochados nesta ‘Sete Caveiras’.

Publicado no Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo 4/05/2014 

sábado, 3 de mayo de 2014

Café con mayúscula

«La Academia de la Lengua no permite encabezar con mayúscula Café como tampoco Banco y por eso al citar con los mismos signos al Café como local y como bebida resulta que indistintamente entramos en una taza de café o nos bebemos un local con silla (…) Yo en rebeldía con la regla académica pongo mayúscula a Café». Ramón Gómez de la Serna.



 No sé si esta ciudad es mejor o peor de lo que lo era hace un año, pero lo que sí sé es que en este último año vivido en Pontevedra recuperamos el Café Savoy. Con esa recuperación no solo ganamos un lugar donde poder tomar un café sino que rescatamos una parte de la propia ciudad y, como no, de nosotros mismos. Todos en mayor o menor medida tenemos un pellizquito de nuestra alma relacionado con este Café al que, durante los años que ha estado cerrado, echamos tanto de menos y que ahora, felizmente estabilizado por sus nuevos propietarios, nos acoge como esa madre que siempre ha estado ahí.
Tras sus ventanales emerge el gran teatro del mundo que es la vida de esta ciudad, un lugar donde parece que no pasa nada pero donde sucede todo, “Nada y todo ocurre en todas partes” escribe el poeta Philip Larkin. Sentarse ante un café humeante, con un libro o un periódico, y alternar esa lectura con la mirada hacia alguno de los capítulos que se desarrollan en ese amplio espacio definido por la praza da Ferrería, los jardines de Casto Sampedro, los Soportales o el Paseo Antonio Odriozola, es uno de los placeres que nos proporciona este Savoy que ha entendido bien su implicación con el lugar en el que está. Esos amplios ventanales, desde los que A Ferrería se presenta en los días de las piedras mojadas como un gran espejo que nos contiene a todos: al castañero en los meses de otoño, a los niños jugueteando con las palomas, a los jubilados que buscan un rayo de sol como quien busca un lingote de oro, a los que se dejan ir hasta el Mercado de Abastos en busca del mejor pescado del mundo… pero también a las camelias rebotando entre sí, a la fuente que un día Castelao se empeñó en rescatar del olvido o a ese otro Café, también con mayúscula, que al otro lado de la plaza cierra un círculo perfecto: el Carabela. Todo eso y más es el Savoy, porque a ello hay que sumarle ese latido interior que todavía palpita en sus descarnados muros de piedra desde los años treinta del siglo pasado y en los que aun se contienen las palabras de sus tertulianos a lo largo de la historia. Poetas, escritores, pintores, periodistas, políticos… y no abro el listado porque no entraría en este espacio, entendían el Café como el lugar de la modernidad, el punto donde confluir para desentrañar el nuevo tiempo que se esbozaba ante ellos. Ese exterior, diferente cada día, en el que se palpa la vida de la ciudad y ese interior plagado de recuerdos y personajes se entremezclan en el Savoy y convierten a cada uno de sus clientes en parte de esa conexión.
El Savoy y sus dueños celebran este primer año con los claveles prendidos de los fusiles, como lo hicieron el 25 de abril de 2013 señalado como el día en el que los sueños se pueden cumplir y si un sueño tenían Eduardo y Daniel era el de poner a disposición de los pontevedreses este espacio que es mucho más que un Café y donde el tiempo se congela para unir épocas y almas. Parte de esa celebración es la exposición de fotografías que estos días podemos ver en su planta baja, una modesta pero intensa mirada a través de la cámara de seis fotógrafos que nos traen ese Portugal tan hermoso como digno y que tanto sufre durante estos días, y es que Portugal está muy presente en el Savoy ya que si subimos a esa inagotable pecera de la planta superior nos encontramos una impresionante imagen de las hermosas escaleras de la Librería Lello de Oporto que solo tiene competencia con ese exterior de piedra y vida.
Fotografías, libros, tableros de ajedrez, una pequeña biblioteca y es que en este Café el tema cultural también se reivindica en su interior, como parte de su historia, ya que no son pocas las iniciativas culturales forjadas gracias a nombres esenciales en este contexto en nuestra ciudad, como el injustamente olvidado escritor Manuel Lueiro Rey que precisamente trabajaba enfrente, en la Delegación de Hacienda, y que desde este lugar veía también pasar la vida en una Pontevedra muy diferente a la de hoy. “O tempo magullado polo mesmo tempo/envólvese no silenzo infindo/e vai purrando coma un río sen auga”, escribió en una ocasión en un poema, ‘O carreiro’, al cual podemos echar mano también en este Café en un impreso que durante estos días publicita la concesión del II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey organizado por el que es su ayuntamiento de origen, Fornelos de Montes.
Poesías que se suman a fotografías, fotografías que se suman a libros y a los significados de este Café, así con mayúscula, como no, y es que el Savoy es nuestro Café por excelencia y que, con su apertura hace justo un año, Pontevedra se ha hecho mejor ciudad de lo que ya era.


Publicado en Diario de Pontevedra 2/05/2014