luns, 8 de decembro de 2014

Culturéxito

Un ano máis o Culturgal converteuse nun culturéxito, amosando a afouteza do sistema cultural galego fronte a marexadas e treboadas. Vela cantidade de xente que se achegou ao Pazo da Cultura nesta fin de semana deixa ben claro o interese polo que fan os nosos creadores e a aposta por continuar fortalecendo esta cita, xa apegada a nosa cidade.
Este ano incorporouse a obriga de pagar por entrar ao Culturgal, e esa aposta o que acadou foi visibilizar o compromiso do público coa xente que traballa na cultura e que ten que facer rendible o seu traballo, de igual xeito, o Culturgal, cada vez con menos axudas, sente a palmada no lombo para continuar facendo tan ben as cousas como as fixo ata hoxe.
Xa temos que pensar no vindeiro ano, incorporar novas achegas para seguir facendo forte a nosa cultura, na que tantas cousas nos van nela. Parabéns!


Entre Dous. Diario de Pontevedra 8/12/2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario