lunes, 28 de abril de 2014

Graça Moura

"POESÍA é a minha forma verbal de estar no mundo», comentou o escritor, intelectual, político e director de diferentes proxectos e institucións culturais portuguesas Vasco Graça Moura. A súa morte chórase hoxe en Portugal no recordo dun personaxe con moitas facianas no seu quefacer, sempre sometido á defensa da súa língua e a súa potenciación en todos os niveis.
Dende a súa obra literaria, pero sobre todo co seu labor como ensaista crítico ou tradutor, loitou para que o portugués fose unha língua da que o seu pobo se sentise orgulloso, e iso o acadaba tamén dende a súa faciana política. Eurodiputado, director da Radio Televisión Portuguesa, mentor da capitalidade Cultural Europea de Lisboa en 1998 e agora director do Centro Cultural de Belem a súa figura é unha das máis sobranceiras na paisaxe cultural portuguesa, que o despedirá entre sones de Bach e como non, fados.




                                                                                       Entre Dous. Diario de Pontevedra 28/04/2014




soneto do amor e da morte

quando eu morrer murmura esta canção 
que escrevo para ti. quando eu morrer
fica junto de mim, não queiras ver
as aves pardas do anoitecer
a revoar na minha solidão.

quando eu morrer segura a minha mão,
põe os olhos nos meus se puder ser,
se inda neles a luz esmorecer,
e diz do nosso amor como se não

tivesse de acabar, sempre a doer,
sempre a doer de tanta perfeição
que ao deixar de bater-me o coração
fique por nós o teu inda a bater,
quando eu morrer segura a minha mão.

Vasco Graça Moura, Antologia dos Sessenta Anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario