viernes, 14 de marzo de 2014

Cociñando contos


ESTE É O SUXERENTE título escollido para a XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que hoxe se inaugura no Pazo da Cultura. Quince citas que encheron de libros e contos, de lecturas e palabras, de autores e lectores, de historias e lembranzas o que xa é un fito singular na nosa terra. Unha cita que enche de orgullo a unha cidade que fai do feito da lectura un xérmolo de esperanza de cara ao futuro dos máis novos.
Dende hoxe cociñarase grazas ao maxín dos autores, dos contacontos, dos que engalanan cada ano de maneira tan fermosa como intelixente as instalacións do Pazo da Cultura. Receitas para gozar e para o lecer sempre coa forte anclaxe do literario. Homenaxearase aos diferentes autores que ao longo destes anos tiveron cadanseu recoñecemento, abofé que o seu mellor premio será ver as facianas dos cativos coa boca aberta ante todo o que se abre ante eles.

Entre Dous. Diario de Pontevedra 14/03/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario