miércoles, 26 de febrero de 2014

Labirintos e silencios


LATEXA ben forte a poesía nestes últimos tempos en Galicia. Latexa a ritmo de poemarios e recoñecementos como o premio Nacional de Poesía a Manuel Álvarez Torneiro, pero ese latexo acada a súa verdadeira afouteza cando unha escolma de poemas sae a rúa, cando chega ao anaquel dunha libraría, abrindo así a posibilidade para que o lector de poesía (que os hai, non se crean) colla nas súas mans o esforzo do seu creador. Esa ‘espiral de sombras’, por xogar co título do gran libro de poesía en galego do pasado ano que chegou da man de Xavier Seoane, é como no conto de Alicia, un descenso cara a creación máis íntima e persoal que pode acadar a literatura.
A ese percorrido pola espiral non renuncia a nosa protagonista, Olga Patiño, poeta do eu máis íntimo, valente loitadora que, co facho da palabra, alumea ante nós as sinais do ser humano. As pegadas por este camiñar a través do labirinto dos sentidos (o agora eterno) ao que so os poetas son quen de dar sentido dende a súa expresión. Alí anda a poeta a asexar no seu, nun silencio den de o que achegarse ao que un é, e do que poder seguir aprendendo. E é que nos silencios, nese punto tan afastado do que son hoxe as nosas vidas, atópase o espazo ao que suxeitarse, no que procurar un obxectivo ou simplemente captar un sentir. Ese sentir nes tes tempos abofé que non é nada optimista; seducido pola maligna alquimia da economía, o ser hu mano amósase empequenecido polas miserias; non só as económicas, senón por aquelas máis radicais como son as morais. Un tempo autodestructivo ante o que Olga Patiño abre esta gaiola chea de paxaros fosforescentes para que voen por riba de todos nós. Mergullados na súa poesía as nosas almas temperan a indignación, a teima permanente por aquelo que vemos, moitas veces ben pretiño de nós, e ante o que xa nos volvemos ben insensibles.
Fainos camiñar a poeta a tra vés dunha serie de círculos, como si tras arroxar a pedra a un lago, dende ela medrasen unhas on diñas que se afastan dese eu da ignición, para converterse en ti e logo abrirse á contorna natural. A natureza como acubillo da alma, prolongación dese ventre seminal onde somos invencibles pero que, unha vez fora, convér tese nun axóuxere do pasado; a sensación de refuxio agarimoso que tentaremos recuperar ao lon go da nosa vida. Lirismo non moi habitual na nosa poesía que ten a Olga Patiño a unha enfeitizadora á procura dese equilibrio do que o ser humano parece fuxir sem pre. Tres etapas que esperamos lles parezan atinadas, pero o que é certo e a capacidade desta mu ller para facer xurdir esa desazón ante o exterior, pero á que o eu amosa unha tan evidente coma necesaria resistencia. A resistencia do silencio. “Chóvete por dentro/ e non sabes berrar/ os restos da dor”.


Publicado en Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo 23/02/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada