domingo, 1 de diciembre de 2013

Unha chulada!


Levantou o pano o Culturgal e o fi xo un ano máis na nosa cidade. Pontevedra eixo da cultura como xeito diferenciador e como aposta na construción común. Mentres outros rexeitan e se afastan dela, Pontevedra segue a reivindicar aquela bandeira tan ben izada polo profesor Filgueira Valverde cando dixo de Pontevedra que era a pequena Atenas, e que de xeito tan fermoso refl icte, dende a mi rada de hoxe, o engaiolante vídeo que nos da a benvida ao salón. Unha benvida entre cabezudos, eses mesmos que enchen de ledicia as nosas rúas nas festas, agora mergúllanse na cultura. A cabeza como parte do todo, metáfora da nosa capacidade para pensar e que aínda é máis poderosa cando chega da man do diversión. Achéguense ao Culturgal e collan un libro nas súas mans (non morden!), séntense ao lado dun grupo de ca tivos e escoiten a algún contacon tos, vexan unha obra de teatro ou unha serie de televisión, escoiten un concerto, ou achéguense a un escritor para oílo falar do seu últi mo libro ou para que lles adique ese texto cos namorou, xoguen con algún monicreque e por favor non deixen de darlle unha aperta ao noso benquerido Orbil. Percorrer o Culturgal é todo iso e máis, asegúrolles que é deixarse levar polo maxín de moitos galegos e galegas que adican o seu tempo, e que fan do seu traballo, algo para que todos podamos gozar e me drar como colectivo, tamén como país. Escritores, editores, actores, músicos, libreiros... e así todas e cada unha das profesións que se moven arredor da industria da cultura algúns aínda se negan a suliñar a súa potencialidade como industria compoñen durante esta fin de semana un espazo de lecer que fai da cultura unha festa. A Culturfesta!
Ese pracer, que o é todos os anos, nesta edición un aínda a goza un chisquiño máis pola me llor disposición do recinto, unha feira que ule a modernidade e a bo gusto e que fai do Recinto feiral un ámbito envexable para cali brar moito do que somos e ao que somos quen de chegar. Ese gozar multiplícase tamén ao saber como por desgraza esta edición sufriu a anguria das tesoiras e recortou o seu presuposto á metade, unha barbaridade, pero cando un ca miña entre os diferentes stands entende iso do que se fala sempre como do intanxible da cultura, algo que non podemos calibrar con cartos, pero sí con sorrisos ou con saúde. Non son bos tempos para ambas cousas, nin para so rrír nin para a boa saúde, de aí o reclamo desa faciana da cultura como benfeitora da saúde. Pasen unhas horas alí dentro e xa verán como saen, e non se esquezan da aperta ao bulideiro Orbil.
Vexámolo polo lado positivo e aferrémonos ás luces e sombras de ‘O terceiro home’ a película de Carol Reed e a unha das frases que, como case todo nese fi lme, atribúese a Orson Welles: En Italia, en trinta anos de domina ción dos Borxia houbo guerras, matanzas, asasinatos... Pero tamén estiveron Leonardo, Miguel Anxo e o Renacemento. En Suiza, pola contra, tiveron cincocentos anos de amor, paz e democracia. E cal foi o resultado? O reloxo de cuco! Pois que así sexa, e que nes tes tempos nos que a cultura vese asoballada dende moitos poderes, sexa o maxín dos creadores o que faga abrollar o mellor de nós mes mos para que cando pasen os anos os cativos que nestes días se ache guen cos seus pais ata o Culturgal a escoitar un conto, a ver unha peza de teatro ou a participar nun obradoiro, pensen que nestes tempos escuros houbo xente que co seu labor resistiu fronte aos que non entenden nada do que é quen de facer a cultura e o que iso supón para a sociedade.
Agora toca facer mostraxe ao outro lado do río, practicar ese deporte que tanto nos gusta aos pontevedreses chamado faipon ting, para coñecer as inquedanzas dos nosos creadores e confirmar coa nosa presenza a súa valía. Unha música, un libro, un actor ou un contacontos se non teñen con quen compartir o feito o seu labor non tería sentido. Así que xa saben, estanos esperando a todos e Orbil quere que o abracen, como a cultura, a nosa cultura, quere que nos sintamos orgullosos dela. Para mostra o Culturgal, unha festa dos sentidos. Unha chulada!

Publicado en Diario de Pontevedra 30/11/2013
Fotografía: Gonzalo García

No hay comentarios:

Publicar un comentario