jueves, 24 de octubre de 2013

240 euros



NO DÍA MUNDIAL das Bibliotecas un  dato estremecedor confirmouse pola propia Xunta de Galicia ao afirmar que a súa inversión para a compra de libros destinado ás bibliotecas de Galicia ascenderá a 2.000 euros, co que para a Biblioteca de Pontevedra a cantidade para aumentar os seus fondos será de 240 euros. Se vostedes teñen o feliz hábito de mercar libros poden botar as contas moi rápido, tendo en conta que de media o prezo dun libro recén saído do prelo ronda os vinte euros temos que a Xunta comprará doce libros no 2014 para que a Biblioteca de Pontevedra atenda a unha poboación que excede os 80.000 habitantes. As medias fálannos xusto dun libro novo cada mes e dun número de novedades vergoñento para esa cantidade de lectores. Claro que hai moitos libros aínda sen ler pero é lamentable escoitar uns datos que volven a falar do que importa a lectura nestes tempos.

Entre Dous. Diario de Pontevedra 24/10/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario