jueves, 12 de enero de 2012

83.253

Esa cifra representa cada unhas das razóns polas que merece a pena vivir en Pontevedra. O dato do último censo amosa como esta cidade racha a tendencia que sofren todas as vilas de Galicia á baixa en canto a súa poboación. Pontevedra medra, e o fai de xeito paseniño na confianza nas súas posibilidades para ser o lugar máis axeitado para desenvolver a nosa existencia nun marco apacible e fermoso.
A nosa singularidade como cidade feia á medida do home, e na que éste cada vez máis é o centro da súa vida diaria, por riba de ensoñacións ou de proxectos desaxustados á nosa realidade, fálanos de Pontevedra como un espazo para o goce e a reafirmación da persoa, que ao fin e ao cabo eo que todos queremos que aconteza nas nosas vidas. A cidade sabe do seu papel dentro dun modelo de éxito ben definido ao longo da súa historia, complementario ao doutras vilas do seu contorno.


Publicado en Diario de Pontevedra 12/01/2012

1 comentario:

  1. Se te ve el plumero Ramón, deberías de ser más independiente y no hacerle tanto la pelota al bipartito local. La ciudad que más crece en población, y también la que más crece en paro, no te olvides. Así que veremos en unos años la población, sin trabaja se emigra...

    ResponderEliminar